Inspección turística asesora e preventiva

Turismo de Galicia fixo balance dos resultados da actuación inspectora e sancionadora en materia turística realizadas no primeiro semestre do ano por parte da Xunta. En total foron realizadas neste perido 3.851, nas que prevaleceu a función asesora e preventiva fronte á estritamente disciplinaria., segundo informan dende a Xunta.

Estas actuacións son o resultado das comprobacións derivadas das actuacións de oficio levadas a cabo polo persoal inspector, así como polas novas aperturas de establecementos turísticos, modificacións substanciais dos mesmos e as 260 denuncias presentadas polas persoas usuarias turísticas.

No primeiro semestre do ano executouse o 64,56% do Plan anual de inspección turística con actuacións en 1.439 empresas e establecementos diferentes. O maior número de visitas realizouse aos establecementos de restauración, concretamente os inspectores acudiron a 779 restaurantes, bares e cafetarías o que reflicte que se está no 73% dos obxectivos plantexados no Plan anual de inspección.


Xunto cos establecementos de restauración e aloxamento, o servizo de inspección realiza visitas as axencias de viaxes, en concreto acudiron a 105 axencias diferentes, o que corresponde ao 79,55% do total das axencias estipuladas no Plan a visitar.