Baixa o fitoplancto tóxico

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño, INTECMAR, constata unha melloría na presenza de biotoxinas mariñas nos polígonos de mexillón e nas zonas de moluscos. Os resultados das analíticas realizadas por este centro dependente da Consellería do Medio Rural e do Mar avalaron onte a apertura de 6 polígonos de mexillón na ría de Arousa e das zonas II de moluscos infaunais da ría de Arousa e da ría de Vigo. Deste xeito, a día de hoxe, en comparación coa semana central de agosto, estase detectando un descenso na concentración das células de fitoplancto tóxico, o que apunta a unha fase descendente do episodio.