Turismo de Galicia e o Concello do Grove rubricaron un acordo
de colaboración para a celebración da Festa do Marisco do Grove na súa edición
número 51. Dende 1963 celébrase no Grove unha das primeiras festas
gastronómicas da comunidade, fundada polo pontevedrés Cándido Acuña.

Cómpre ter en conta que Alemaña é o país estranxeiro do que
procederon máis peregrinos en 2013. Un total de 97.042 viaxeiros alemáns
aloxáronse nos hoteis de Galicia ao longo do ano pasado, un 4,7% máis que no
ano anterior. Ademais, Alemaña é despois de Portugal, o segundo mercado
internacional máis importante para Galicia alcanzando o 12% dos viaxeiros
estranxeiros e o 10,5% do total das pernoitas internacionais da Comunidade.