
O mandatario galego lembrou que o título de Embaixador de
Honra do Camiño de Santiago foi creado para distinguir o labor de persoas
físicas ou xurídicas que contribúen de xeito especial ao coñecemento e á
divulgación do Camiño de Santiago no mundo.
Así, Feijóo indicou que, ao igual que o Príncipe de
Asturias, o Goberno galego entende que Vicente del Bosque “é un home de
consensos que representa os valores do traballo en equipo, da deportividade e
da serenidade”. “Queremos que defenda eses valores, vinculados ao Camiño en
todo o mundo e que difunda, así, a Ruta Xacobea, os Camiños de Santiago e de
Galicia enteira”, incidiu o presidente da Xunta.
O presidente da Xunta aproveitou o anuncio para desexarlle,
tanto ao adestrador como á Selección española de fútbol, “toda clase de sorte”
no Mundial de Brasil que arrinca hoxe: “esperemos que cheguen ao final do
Camiño que aspiramos”, afirmou.