
Despois da semana de portas abertas na que 50 empresarios do
sector da Hostelería e a Restauración visitaron as instalacións do futuro
restaurante do Museo, e unha vez recollidas as súas suxerencias, hoxe o goberno
provincial aprobou o citado prego para sacalo canto antes a licitación pública.
Unha vez se adxudique o restaurante, cafetería e gastro-bar,
a Deputación destinará 80.000 euros ao amoblamento da cociña. A concesión será por 5 anos prorrogables outros 5, pero
poderase extinguir aos 3 anos se o adxudicatario non consigue a Q de calidade.
Búscase que o restaurante sexa acorde ao Museo, e de aí que se esixa un mínimo
de calidade que de non acadarse, revocaría a concesión.
O canon de explotación a favor da Deputación fíxase nun
mínimo do 5% sobre os ingresos brutos de cada exercicio e, en todo caso, nunca
poderá ser inferior aos 10.909 € / ano, que equivale ao 3% do valor catastral
das instalacións (fixado en 363.650 euros). A empresa que resulte adxudicataria
deberá acreditar solvencia económica, financieira e profesional.