“Este ano haberá unhas 200 actividades, das que máis de 70
son novas con respecto ás edicións anteriores aínda que se seguen mantendo as
clásicas” segundo indicou Basadre que, ademais, sinalou que hai varias
novidades importantes. Así, por primeira vez, preto de 800 persoas das
asociacións romanas e castrexas e das tropas que nos visitan doutras zonas de
España e Portugal, desfilarán pola Ronda da Muralla o sábado 14 de xuño a
partir das 20 horas, “unha maneira perfecta de facer máis visible a Muralla que
é o que nos representa aos lucenses” segundo Carmen Basadre.
Este ano tamén estarán os gladiadores romanos chegados de
Bérgamo e que interacturán co público que asista as súas loitas, son os Ars
Dimicandi, uns especialistas que participaron, entre outros, na serie de
televisión Roma, e que este ano aumentan o número de participantes pasando dos
cinco da edición pasado a 21 nestes edición.