Portas abertas na Ruta do Viño do Ribeiro

As persoas que se acheguen a gozar da fin de semana enoturística na Ruta do Viño do Ribeiro  poderán conseguir premios seguros e participar en sorteos, a través do “Pasaporte Inteviños”.  Cada vez que participen nunha actividade das propostas para a III Xornada de Portas Abertas conseguirán un selo que colocarán no pasaporte, unha vez que estea cuberto será entregado nos lugares designados pola organización e recibirán premio seguro o cinco primeiros pasaportes completos. O resto poderá entrar no sorteo dunha fin de semana na Ruta do Viño do Ribeiro.

As actividades previstas para esta III Xornada de portas abertas que se celebran os días 31 de maio e 1 de xuño están centradas no eixe da  cultura e o vino, os visitantes poderán participar nas diferentes actividades propostas para a ocasión.