Ir al contenido principal
Obradoiro e degustación de anchoas a cargo de Paco Roncero
Froito da colaboración entre a
Cooperativa Anaco, unha iniciativa solidaria de emprego que prepara e envasa
artesanalmente en Compostela anchoa do Cantábrico en aceite de oliva baixo a
marca Anachoa, a Asociación Hostelería Compostela e o CIFP Compostela,
de Lamas de Abade teñen programado para mañán luns pola tarde un obradoiro e
degustación de anchoas a cargo de Paco Roncero, cociñeiro madrileño con
dúas estrelas Michelín.
Ao remate deste acto haberá unha degustación
de anchoa do cantábrico que elabora esta cooperativa de Compostela para os
medios de comunicación e para os
profesionais do sector de restauración. Esta actividade está programada para ás 18 horas no CIFP Lamas de Abade, do barrio Compostelán do Castiñeiriño.