![]() |
Melchior Moreira |
A conselleira do Medio
Rural e do Mar, Rosa Quintana, eloxiou as calidades do melindre de Melide tras
ser nomeada embaixadora deste doce, no marco da Festa do Melindre e da
Repostería da Terra de Melide, celebrada este fin de semana.
Rosa Quintana comprometeuse
a defender e promocionar este produto, caracterizado por seren rosquillas moi pequenas ás que se lles dá brillo e glaseado con prebe
-que acrecenta o seu sabor doce-. Un produto que, xunto
con outros doces como o rico ou o almendrado, son exemplo de tradición e bo
facer dos habitantes deste municipio coruñés e selo de identidade da zona.
Ao igual ca conselleira do Medio Rural e do Mar, tamén foron nomeados
novos embaixadores do Melindre o xornalista do diario El Progreso, Luis
Rodríguez; o xerente da denominación de orixe Ribeira Sacra, José Manuel
Rodríguez; a presidenta de Gallaecia Sumilleres,
Mercedes González; o cociñeiro do restaurante La Molinera, Diego López; e, edntre outros, o
director de turismo Porto-Norte de Portugal, Melchior Moreira, que como se sabe é un melindreiro en toda regra.