Cupón da ONCE conmemorativo da peregrinación de San Francisco a Compostela

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro Domínguez, o delegado da ONCE en Galicia, Manuel Martínez Pan, e mais o ministro provincial dos Franciscanos de Galicia, José Antonio Castiñeira, presentaron hoxe o cupón da ONCE que se emitirá con motivo da conmemoración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.


Segundo explicou o delegado da ONCE en Galicia, emitiranse cinco millóns e medio de cupóns o día 13 de maio. O cupón dedicado ao VIII centenario está ilustrado co logotipo da conmemoración, así como co monumento pétreo do escultor galego Francisco Asorey dedicado ao santo de Asís e coa fachada do Obradoiro da catedral compostelana.