Ourense oferta1.500 prazas para estancias en balnearios da provincia

A Deputación de Ourense xunto cos balnearios da provincia e os concellos con infraestruturas balnearias presentaron hoxe no Pazo Provincial o Programa de termalismo social “Ourense, a provincia termal”. O acto formalizado na sinatura dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e os balnearios da provincia contou coa presenza do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, o os representantes dos balnearios: Eduardo Laherran de la Sota, en representación do Balneario de Molgas, S.L; José María de la Figuera Vargas, en representación de COVAQUI, S.L, e Rafael Luaña de la Viña, en representación de Caldaria Termal, acompañados polos alcaldes de Lobios, Arnoia, O Carballiño, Cenlle e Baños de Molgas.

Segundo destacou Manuel Baltar este convenio “reforza a aposta do goberno provincial polo termalismo, un dos eixos estratéxicos para o desenvolvemento da nosa provincia, destinándose para esta actuación un total de 70.000 euros”. Baltar subliñou que este convenio “é unha boa mostra da cooperación entre a administración pública e o sector privado, para un sector como o termalismo que ten que ser un pulo para o desenvolvemento social, económico e cultural da nosa provincia”.