Turismo de Galicia estará no SITC

A Axencia Turismo de Galicia participará na XIII edición do Salón Internacional de Turismo de Cataluña (SITC), que se celebrará no recinto da Fira de Barcelona en 0 4 e o 6 de abril.Turismo de Galicia contará cun recinto de deseño de 112 metros cadrados,  a través do que se difundirá a oferta turística xeral da comunidade galega.

O SITC é unha das plataformas máis importantes da oferta e dos servizos turísticos no ámbito nacional e, polo tanto, constitúese como un importante reforzo para a promoción do turismo galego en Cataluña por ser este un dos principais mercados para Galicia dentro de España.

Por outra banda, Turismo de Galicia promocionou op destino estes días en Polonia, no marco dunhas xornadas de comercialización dirixidas ao público final e aos operadores turísticos máis importantes do sur de Polonia. A actividade levouse a cabo este fin de semana nun recinto de promoción instalado no principal centro comercial da cidade de Cracovia.