O Ribeiro, Mellor Vídeo Corporativo” na gala CREASturias 2014

O vídeo corporativo do C.R.D.O. Ribeiro, que remata coas palabras “Ribeiro, a alma dun pobo, Esencia Galega” levou o galardón de “Mellor Vídeo Corporativo” na gala CREASturias 2014 convocada pola Asociación de Axencias de Publicidade do Principado de Asturias.

A creatividade asturiana tivo anoite a súa cita anual. O Palacio de Congresos de Gijón acolleu a gala CREAsturias 2014, convocada pola Asociación de Axencias de Publicidade do Principado de Asturias, onde se premiaron os mellores traballos publicitarios do ano.

O vídeo do C.R.D.O. Ribeiro, cuxo obxectivo principal é promocionar a imaxe e amosar as cualidades da Denominación de Orixe máis antiga de Galicia, realizouno a axencia de comunicación Neozink, afincada en Oviedo. O vídeo pódse ver no enlace http://www.youtube.com/watch?v=8gw_GGt0ugo