Outros atractivos
para os clientes son os agasallos directos ou sorteos de estancias de turismo
na Ruta do Viño do Ribeiro, cunha completa fin de semana chea de actividades en
torno aos viños e a oferta lúdica ribeirá.
A listaxe de establecementos vigueses escenario
do Ribeiro de Copas 2013 fórmana Albaría, El Amante, Tapéame, Vinoteca
Cabernet, El Cortijo Tapería, La Trastienda del Cuatro, Lume de Carozo, O
Lagharto Pintado, Baraciña, Buqué Enoteca, La Casineta e Tío Chan. Neles, os
consumidores poden descubrir unha ampla gama de viños e elaboracións da
Denominación.
As adegas participantes son Nairoa, Viña
da Cal, Casal de Armán, Pazo Casanova, Coto de Gomariz, Cuñas Davia, Bodegas
Alanís, Bodegas O’ Ventosela, Terra do Castelo, Francisco Fernández, Bodegas
Val de Souto, Genus de Vinum, Vilerma, Viña Costeira e Viña Mein.