Proensa con ribeiritis

A duodécima edición da Guía Proensa 2014, recentemente publicada, valora con 90 puntos ou máis a 16 viños da Denominación de Orixe Ribeiro. Dende a edición do ano pasado, a publicación modificou os criterios de selección dos viños, incluíndo só os viños que alcancen ou superen os 90 puntos debido ao aumento de calidade nos viños (non a partir de 80 puntos como se levaba facendo as 10 primeiras edicións).

Na guía, pódese ler dos viños da D.O. Ribeiro, tintos ou brancos, que “están consolidados nun nivel de calidade admirable, moi superior ao da maior parte das zonas”, así como tamén se resalta que “as variedades autóctonas, os coidados nas elaboracións e o aspecto coa óptima mestura de uvas coa que os adegueiros poñen a súa sinatura nos viños, son os factores que explican a boa saúde dos Ribeiros de calidade”. Pola súa banda, valoran positivamente os tintos “é xusto destacar a progresión que están experimentando”.