Galicia conta na actualidade con 113 empresas
dedicadas a conxelar produtos do mar antes de ser comercializados. Estas
industrias facturaron 2.112 millóns de euros e deron emprego a máis de 8.000
persoas, segundo o último balance oficial. Para impulsar a innovación e a
modernización da industria transformadora e comercializadora dos produtos do
mar de Galicia, a Xunta destinou nos últimos catro anos máis de 160 millóns de
euros.
A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa
Quintana, visitou esta mañá as empresas galegas presentes na Feira
internacional de produtos do mar conxelados CONXEMAR. Rosa Quintana trasladou o
seu apoio a todos os axentes do sector presentes neste encontro mundial do
peixe conxelado.
A Consellería do Medio Rural e do Mar
participa nesta feira cun stand de 150 metros cadrados, que ao longo destes
días serviu de lugar de encontro para empresarios e profesionais na procura de
potenciar o desenvolvemento do sector.
Conxemar é a Asociación Española de
Mayoristas, Importandores, Transformadores y Esportadores de Productos de la
Pesca y Acuicultura, colectivo formado por 222 empresas españolas que suma
unha facturación anual de máis de 6.400 millóns de euros e conta con máis de
13.200 empregados.