Gastronomía pedagóxica na USC

A Universidade de Santiago volve apostar por segundo ano consecutivo por ofrecer as ‘Aulas activas de cociña’, un proxecto de gastronomía pedagóxica aberto a toda a cidadanía co que se pretende ensinar a cociñar ao tempo que se achega unha cultura de hábitos de consumo saudables e se aumenta o coñecemento do medio e dos produtos.

O programa contempla unhas ‘Aulas activas de cociña’ a desenvolver en distintas datas ata final de curso con variadas temáticas centradas en produtos concretos. As clases,  cun formato divertido e con prácticas individualizadas, terán lugar no comedor do Colexio de Fonseca.


Entre os docentes estarán o profesor do CIFP Compostela (Santiago) Jorge Carou Horta, con experiencia en restauración en Galicia e Londres e o cociñeiro e profesor do CIFP Carlos Oroza de Pontevedra, Daniel Pulzoni.

Na organización das aulas tivéronse moi en conta as suxestións dos alumnos da primeira edición. Haberá dous cursos continuos de 44 horas e distintos monográficos ao longo dos cuadrimestres, de 6 e 8 horas.