Galicia, lider en aloxamento regrado segundo os da Administración autonómica

Segundo a Administración autonómica, Galicia lidera o crecemento na cifra de viaxeiros aloxados en establecementos regrados obtendo nos nove primeiros meses deste ano unha suba do 5,2% na cifra de viaxeiros aloxados. En total, computáronse 3.116.657 viaxeiros que realizaron 6.716.542 pernoitas, o que implica unha suba na cifra de pernoitas rexistradas entre xaneiro e setembro de 2013 do 1,8%.

Este incremento da demanda prodúcese en boa parte por unha mellor importante nas cifras de turistas internacionais rexistradas. Neses nove meses o turismo internacional ten medrado un 11% no tocante aos viaxeiros aloxados e un 8% no relativo ás pernoitas. O mercado internacional acada cotas do 25,1% na cifra de viaxeiros e do 20,5% na de pernoitas. En total rexistráronse 780 mil viaxeiros internacionais e 1,4 millóns de pernoitas.

Se temos en conta os datos de setembro, a cifra de viaxeiros aloxados nos establecementos hoteleiros galegos en setembro medrou un 7,1% a respecto do mesmo mes de 2012, e a cifra de pernoitas medrou un 5%. En total, os establecementos hoteleiros galegos rexistraron en setembro 392.287 viaxeiros e 775.129 pernoitas.

No cómputo global, a cifra de viaxeiros aloxados no conxunto da oferta regrada medrou un 6,3% e a cifra de pernoitas rexistradas nos establecementos hoteleiros e extrahoteleiros de Galicia medrou en setembro un 3,9% a respecto da rexistrada en setembro do ano pasado.

As cifras son resultado do bo comportamento experimentado no mes de setembro polo mercado nacional que medrou un 8% a respecto do mesmo mes do ano pasado. De igual modo, o mercado internacional subiu en setembro un 4%, superando por primeira vez a barreira dos 220 mil viaxeiros e o 31,1% do peso na estrutura da demanda.

Se temos en conta os datos do 3º trimestre de 2013 en comparación co mesmo período de 2012, observase un incremento na cifra de viaxeiros aloxados no conxunto da oferta regrada de Galicia do 9,2% e un aumento na cifra de pernoitas do 4,7%. Entre xullo e setembro aloxáronse en establecementos regrados galegos 1.678.400 viaxeiros, que realizaron 3.951.063 pernoitas. A suba máis importante rexistrouse nos hoteis que neste trimestre rexistraron un 10,7% máis de viaxeiros e un 6,2% máis de pernoitas.