Festas de interese turístico e festas sin interese

O Consello da Xunta aprobou a declaración de festa de interese turístico de Galicia para a Festa do San Martiño, en Moaña, e o Belén Artesanal en Movemento, en Valga. Por festas, do interese que sexa, Luar incluíudo que non quede a cousa. Ahí os galegos, liderados por políticos mediocres, somos os mellores.

Na Festa do San Martiño obsérvase que a celebración ten un fondoarraigamento, xa que existen referencias históricas desde o século XII, no que seconsagrou a igrexa ao redor da cal se procesiona. Trátase dunha das máis importantesfestas de toda a península do Morrazo.Tamén se valorou o número de visitantes (5.000 por día) que forman parte desta esta, na que se engade ao valor relixioso, o feito de ser a recreación dunha festa de orixe rural e na que se levan a cabo distintas actividades como concertos musicais e actos culturais paralelos, tales como exposicións ou teatro, e todo isto nun concello cun a mplo patrimonio cultural, etenográfico e turístico.

O Belén Artesanal en Movemento de Valga ten un carácter artesanal na súa confección, unha gran v riedade de escenas nas que se recrean non só o Nacemento, senón tamén costumes e oficios representados por personaxes coñecidos da vila, persoeiros famosos e  ilustres, que habitan unha paisaxe con distintos microclimas dentro dun espazo de enormes dimensións que o fan o máis grande de Galicia. Todos estes aspectos orixinais fan indubidable a súa singularidade que atrae unha grande afluencia de público, así nas últimas edicións estímase unha afluencia de 40.000 persoas.