Convenio catedralicio

O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de acordo polo que se autoriza a subscrición do convenio de colaboración entre Turismo de Galicia e a Fundación Catedral de Santiago para a execución da obra de acondicionamento como sala de exposicións da sala de armas e anexos do Pazo Arcebispal de Xelmírez en Santiago de Compostela.

En virtude do acordo, a Fundación Catedral de Santiago comprométese a manter o investimento por un período de cinco anos e Turismo de Galicia comprométese ao pagamento de case 150.000 euros en dúas anualidades.

O Pazo de Xelmírez é un edificio do século XII unido á propia catedral e foi ampliado no séculos XIII, XV e XVI. No século XVII cubriuse a fachada románica por outra barroca e construíuse un terceiro andar. As partes principais do Pazo son o salón de armas, o salón de festas e a cociña.

O espazo expositivo contribuirá a dinamizar a oferta cultural durante a celebración do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago, cuxos actos conmemorativos contan coa declaración de Acontecementos de Especial Interese Público.