Bacelo de Prata para Pousadoiro

A adega do Ribeiro Pousadoiro, representada polo seu propietario, Alfredo Fernández Rodríguez, recibiu recentemente o galardón Bacelo de Prata, outorgado pola asociación Álvaro das Casas, que recoñece non só a calidade do viño, senón tamén o seu compromiso coa lingua e cultura galegas. Isto demóstrase coa creación dende fai anos de toda a etiquetaxe das súas botellas en galego.

Máis de 250 adegas en todo Galicia etiquetan os seus viños en galego, pero a adega Pousadoiro foi galardoada polo uso da lingua galega na etiquetaxe dos seus viños branco e tinto en galego, así como na publicidade dos mesmos dende fai máis de 15 anos.

A entrega de premios tivo lugar recentemente no Pazo dos Ulloa, en Esposende, momento onde o presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Miguel Ángel Viso, que fixo apoio a estes premios en favor á lingua galega, xa que Galicia segue a ser o principal mercado para os viños do Ribeiro, aínda que tamén se estea traballando promocionalmente no resto de España e a nivel internacional, o mercado máis próximo non se pode esquecer.