Os portos deportivos terán que elaborar un plan de xestión ambiental

Os portos deportivos de titularidade autonómica a través de Portos de Galicia, deberán elaborar en poñer en marcha candaseu plan de xestión ambiental das instalacións náutico recreativas. Así o ven de indicar o ente público no Regulamento unificado de explotación dos peiraos deportivos, aprobado semanas atrás polo Consello da Xunta e de aplicación en todas as instalación existentes nos 123 portos que xestiona o ente público.

O regulamento, ao que deberán adaptarse todos os peiraos afectados nun prazo máximo de 3 anos, recolle a obriga de elaborar esta folla de ruta para garantir o desenvolvemento sostible das infraestruturas portuarias. Así mesmo contemplará as obrigas de protección do entorno e fomento das enerxías renovables, como parte do labor de conservación do litoral que se impón dende Portos de Galicia.

Entre as directrices expresas os plans de xestión ambiental dos portos deberán recoller indicacións respecto á xestión dos recursos, como a enerxía, auga e consumibles. Fará especial atención ademais á xestión de residuos: urbanos, perigosos e augas residuais. Deberá establecer un réxime de control da producción de residuos así como a fórmula de xestión axeitada e específica en cada caso.