No país das maravillas

Foto Xunta: Conchi Paz
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que, desde 2009, o Goberno galego leva concedido máis de 13 millóns de euros en axudas á I+D+i no sector da pesca e a conserva, e avogou por facer da biotecnoloxía a chave para a plena explotación dos nosos recursos mariños. Así o manifestou esta mañá na inauguración do XIV Simposio Internacional de Produtos Naturais Mariños, que se celebra esta semana na Illa da Toxa, onde ratificou a aposta da Xunta por facer da innovación ligada ao sector do mar “un itinerario de futuro”.

O mandatario galego salientou que nun futuro inmediato “a pauta que encauzará e intensificará” o apoio do Goberno galego á I+D+i será a Estratexia de Especialización Intelixente, que será presentada “proximamente”, e que situará o sector do mar como un dos “puntos fortes” da innovación en Galicia. Este programa, dixo, será a “axenda de innovación idónea” para a nosa Comunidade porque “terá moi en conta o importante posicionamento de Galicia no eido da biotecnoloxía”, que “actuará como panca no avance futuro de sectores como o dos produtos do mar”, asegurou.

“A Xunta quere facer da I+D+i un itinerario de futuro ao que sumar a nosa vinculación ao mundo do mar coma un valor engadido”, afirmou o presidente, quen apuntou que o Executivo autonómico está dando soporte ao sector produtivo marítimo galego para que poida innovar, abrirse a novos mercados e industrias e, en consecuencia, competir e crecer desde unha sólida base. Nesta liña, apuntou que a Xunta ten mobilizado máis de 22 millóns de euros entre as dúas convocatorias do programa FEDER-Innterconecta; a última, resolta recentemente cunha partida aprobada de 17 millóns de euros.

“Iso significa que o sector que vostedes representan recibiu máis do 10 por cento do total dos recursos mobilizados a través das convocatorias Innterconecta que, en total, suman 210 millóns de euros. Galicia é unha das poucas comunidades que subscribiron dúas veces consecutivas este programa porque temos unha situación financeira que nos permite contar con recursos propios para cofinancialos pero, tamén, porque contamos coa sensibilidade do Goberno de España”, sinalou.