Hostelería de Compostela docente

O Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela acolle, Entre as 9 e as 14 horaso curso de camareiro de bar restaurante, dirixido a persoas desempregadas, organizado dentro do Pacto Local de Emprego, en colaboración co Concello. O obxectivo desta acción formativa é a inserción laboral no sector hostaleiro dos 15 alumnos en situación de desemprego que participan neste curso de iniciación ao servizo para bar e restaurante.

Entre as 16 e as 20 horas, as aulas deste centro formativo acollen un curso de cociña de arroces, aberto ao público xeral e no que os 10 alumnos aprenderán as diferentes técnicas de elaboración e a utilización de diversos tipos de arroz  para a preparación das receitas.