Chega unha nova edición de Santiago(é)Tapas

O concurso Santiago(é)Tapas presenta este venres, 27 de setembro, as bases e máis os prazos de inscrición da súa sexta edición. Será nun acto que se vai desenvolver no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, na Rúa Salvadas, 29-31 baixo.

Na presentación van estar presentes a concelleira de Turismo, Reyes Leis; os presidentes de Hostelería Compostela, Jesús Sordo e José Manuel Otero, Andrés Condide, xerente e Germán González, coodinador da Comisión de Restauración deste colectivo empresarial.