
A Festa do Marisco
constitúe xa “unha bandeira promocional do concello do Grove e tamén de Galicia
como destino gastronómico” porque a través deste evento promociónanse os
recursos turísticos do concello pero tamén a gran calidade dos nosos produtos
do mar", salientou a filla do ex-alcalde de Ponteareas, Pepe Castro.
Nava Castro
resaltou o feito de que O Grove conte cunha importante representación da cociña
de vangarda e de alta calidade, “como acreditan a Estrella Michelín e os dous
restaurantes con Soles Repsol cos que conta a localidade”. Ademais, incidiu nos
distintivos de calidade da cociña galega, dado que 48 dos restaurantes de
Galicia contan co distintivo Q de Calidade Turística.