A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e
Infraestruturas autorizou no que vai de ano un total de 538 batidas de xabaril
por control de danos, co fin de reducir as desfeitas que esta especie provoca
nos cultivos. Trátase dunha medida de control para paliar os danos producidos
por este animal fora da tempada hábil de caza do xabaril.
As cacerías autorizáronse na modalidade de
ganchos e esperas. Na seguinte táboa indicase as autorizacións en cada
provincia:
Provincia
|
Ganchos
|
Esperas
|
Total
|
A Coruña
|
51
|
72
|
123
|
Lugo
|
52
|
27
|
79
|
Ourense
|
19
|
215
|
234
|
Pontevedra
|
26
|
76
|
102
|
Total
|
538
|
Á vista das cifras, pode concluírse que
administrativamente non hai problemas na tramitación das solicitudes que se
están recibindo e a Administración galega non está impoñendo ningunha
restrición extra aos cazadores.
