Veda do choco na Ría de Vigo

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha resolución da Consellería do Medio Rural e do Mar pola que se establece un período de veda na Ría de Vigo para a captura do choco.A veda queda establecida para esta especie nas zonas máis interiores das rías dende o 20 de agosto ata o 21 de outubro de 2013.

Esta medida enmárcase no establecido pola Lei de Pesca en relación coa conservación e xestión dos recursos pesqueiros e marisqueiros, no sentido de establecer que a política da Administración da Comunidade Autónoma terá como obxectivo o establecemento e a regulación de medidas dirixidas á conservación e a explotación responsable, racional e sustentable dos recursos mariños vivos.