Obradoiro de Cociña Básica para Afeccionados

A Asociación Hostelería Compostela vai organizar no vindeiro mes de xullo un “Obradoiro de Cociña Básica para Afeccionados’ dirixido a todas aquelas persoas que desexen iniciarse na cociña e no mundo da gastronomía. O curso é totalmente práctico onde o alumno disporá dunha cociña individual para a elaboración das súas receitas. 

O programa do curso contempla a elaboración de aperitivos clásicos e modernos (en culleriña, espetos e chupiños); arroces, pastas e hortalizas; peixes e carnes e doces. Celebrarase os día 8, 9, 10 e 11 de xullo (luns, martes, mércores e xoves), de 17.00 a 20.30 horas, cun total de  14 horas. O prezo da matrícula e de 100,00 € e o úmero de prazas ascende a 15.