A Ruta do Viño do Ribeiro aumenta en preto dun millar de visitantes.

Segundo o Informe de Visitantes a adegas asociadas á Rutas del Vino de España do ano 2012, que acaba de presentar ACEVIN (Asociación Española de Ciudades del Vino), a Ruta do Viño do Ribeiro aumenta en preto dun millar de  visitantes.

Do informe presentado por ACEVIN, resulta moi interesante poder analizar a evolución de cinco anos consecutivos de recompilación de datos, dos que poden extraerse interesantes conclusións en relación á estacionalidade do enoturismo.

É satisfactorio ver cómo as adegas adheridas a Ruta do Viño do Ribeiro, en particular,  van asumindo como habitual e necesario o rexistro de visitantes, co obxecto de analizar o impacto do turismo do viño e o retorno dos esforzos realizados polas empresas e Administracións Públicas que están apoiando o turismo do viño.

Os datos que proporciona este informe en canto á Ruta do Viño do Ribeiro poñen  de manifesto que o turismo enolóxico estase a consolidar como un importante complemento da oferta turística do territorio e de xeito especial, en situacións como a actual, o turismo enolóxico representa unha interesante alternativa de viaxe nun momento no que os turistas tenden a reducir o tempo e a  distancia das súas viaxes.

Analizando os datos segundo a distribución mensual dos visitantes ás adegas se conclúe que os meses de outono e primavera son os máis proclives ao turismo do viño no Ribeiro, seguindo a tendencia do resto do estado. Pola contra os meses de xaneiro, febreiro e decembro rexistran un número de visitas bastante máis reducido, sendo xaneiro o peor mes par a a Ruta do viño do Ribeiro.