Baiona, Quality Coast Gold Award

O concello de Baiona, seleccionado entre cen destinos de costa de todo o mundo, foi distinguido co Quality Coast Gold Award, conseguindo con Pafoss (Chipre) a segunda calificación máis alta na categoría de ouro i é, con Fuerteventura o único destino españoil entre os mil candidatos. O galardón de maior categoría recaeu nas Illas Azores.

O obxectivo do programa Quality Coast, que desenvolve o Coastal and Marine Union da Unión Europea é fomentar o turismo sostible nos destinos de costa. Para isto establecen prácticas como estratexias de información para os visitantes ou crear unha rede mundial de comunidades costeiras que compartan valores e prácticas vinculadas ao desenvolvemento sostible. A oferta turística, o ecosistema mariño, o patrimonio natural e cultural, a conservación, a beleza natural e a calidade medioambiental son algúns dos criterios de valoración relacionados co galardón.

Entre os aspectos positivos que destaca Quality Coast para conceder o premio ao Concello de Baiona está tamén o feito de que estea integrado no Sistema Integral para a Calidade Turística en Destino (SICTED). O proxecto SICTED baséase na conciencia integral do destino e na identificación de obxectivos comúns dos axentes implicados, perseguindo un nivel de calidade homoxéneo nos servizos ofrecidos ao turista. Baiona está adherida ao sistema dende o ano 2005 e conta con 5 establecementos adheridos e 10 distinguidos.