Habelas Hailas presenta a súa nova liña de productos gourmet

Habelas Hailas Licores presenta este sábado, 23 de marzo, a súa nova liña de productos gourmet, unha selección de licores e cremas cunha nova imaxe e packaging fresco, divertido e cheo de cor, como é característico dos produtos desta empresa. E como marca nada en Noia, Habelas Hailas Licores organizou unha presentación desta nova liña de produtos nesta vila e, en concreto, no seu hipermercado Eroski, onde os consumidores poderán adquirir esta nova liña de produtos.

O acto do sábado incluirá, ademais, una degustación en exclusiva duns bombóns recheos dos licores de Habelas Hailas que se presentarán oficialmente no Salón Gourmets, onde Habelas Hailas estará presente entre o 8 e o 11 de abril, en Madrid.  Esta gama de bombóns, que terá a súa posta de largo durante Gourmets, son unha creación concebida e desenvolvida polos prestixiosos cociñeiros Francisco Piñeiro, Manel Oliveira e Mark Wernink, que tamén estarán presentes no evento deste sábado para explicar as características do produto e, como no, sorprendernos o paladar.