
Fusión de Cervexa Artesanal+Gastronomía+Natureza en
Barosa Gastronatural, acompañado dunha visita previa á fábrica de Saramagal que
está na parroquia de Agudelo (Barro) para coñecer o proceso de elaboración dunha
cervexa artesanal que ten unha característica especial na súa elaboración como é
a "burbuxa do champán".
Esta é unha das actividades que Amigos da
Fervenza programou para este primeiro semestre do 2013 coa intención de
dinamizar o turismo, e a gastronomía local, eixo fundamental que promove esta
asociación. A unión de duas empresas cun gran potencial como Barosa Gastro,
situado nun entorno natural envidiable e cunha cociña tradicional que conxuga
toques contemporáneos e Saramagal Cervexa Artesanal elaborada no noso concello é
unha fórmula que terá un éxito asegurado tanto pola calidade como pola
implicación das dúas entidades.
1.- Entrante + Pavo o forno de pedra con almendoa, noz e pimenta branca con guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal + 2 cervexas Saramagal por persona.
17€ precio/persoa.
-------------------------
2.- Entrante + Branquita de porco celta rechea de febras, albahaca, tomillo, menta e guarnicion á cervexa Saramagal+ postre + Pan de cervexa Saramagal + 2 cervexas Saramagal por persona.
12€ precio/persoa.