O IES de Foz acolle o Campionato de Baristas

O IES de Foz acolle o "VI Campionato de Baristas das Escolas de Hostelería" que se celebrará os días 4,5, e 6 de febreiro. O martes 5 e mércores 6 durante toda a mañá haberá degustación de cafés das diferentes marcas patrocinadoras, entre as que figurán, especialmente Café Veracruz, pois o seu xerente, Augusto Morales é o principal impulsor de este campionato; tam´
en está Café Candelas entre os colaboradores deste evento.

Os baristas son os especialistas en elaborar café nas máquinas e da súa molienda, unha profesión que acadou un importante recoñecemento no sector hostaleiro. 

Por outra banda, este mércores, ás 16:00, na cafetería de Hostelería, terá lugar unha cata de cavas a cargo da empresa "Codorniú". Ademais de probar os seus produtos o alumnado recibirá unha charla sobre a historia e elaboración do cava. Está dirixada aos alumnos do Ciclo Medio de Servizos.