Vive Galicia, desetacionalización y sorteo

A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, puxo en marcha o día 17 de decembro unha campaña para incentivar a desestacionalización e o consumo turístico a través do programa Vive Galicia, un conxunto de paquetes que inclúen experiencias turísticas para gozar por toda a Comunidade Autónoma.

O sorteo, no que participaron unhas 5.700 persoas, resolverase de hoxe en sete días e o procedemento será o seguinte: Adxudicaranse directamente os paquetes que teñen menos demanda que oferta e farase un sorteo aleatorio con aqueles que teñen máis demanda que oferta; cos participantes que enviaron convites aos seus amigos para participar nesta promoción, farase outro sorteo para encher as prazas dos paquetes con menos demanda que oferta; logo de facer os sorteos, comunicaráselles aos 1.878 gañadores o premio. Unha vez contactados todos, o resultado trasladaráselles ás axencias de viaxes e os gañadores contarán con todo o mes de xaneiro para solicitar o seu premio.

Turismo de Galicia quere difundir as posibilidades que ofrece o programa Vive Galicia para a práctica do Turismo na Comunidade Autónoma, tanto na tempada alta como nas épocas de menor demanda, como neste caso. O sorteo xerou no Facebook de Turgalicia 2.243 usuarios e 50.699 invitacións. Os usuarios do microsite foron 3.457 e as invitacións por mail foron 3.359. A campaña xerou 3.650 novos fans da web de Turgalicia.