Podutos galegos do mar e do agro na XIX edición de mostras dos Autónomos de Galicia

A Consellería do Medio Rural e do Mar fomenta a calidade dos produtos galegos do mar e do agro na XIX edición de mostras dos Autónomos de Galicia, FEMAGA, que se celebra na Coruña dende hoxe ata o 9 de decembro. O secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, visitou esta mañá a XIX edición deste evento e realizou un percorrido polos expositores das 17 empresas do mar e do agro presentes na feira.

A Consellería do Medio Rural e do Mar está presente neste evento cun stand de 126 metros cadrados que albergará as 14 empresas galegas do sector alimentario galego, a maioría delas relacionadas co mundo dos queixos, dos viños e das conservas e tamén algunha vinculada á actividade que desenvolven os Grupos de Acción Costeira en Galicia.