Miguel Mosquera Paans publica Ourense, dez mil anos nun xantar


Miguel Mosquera Paans ven de publicar "Ourense, dez mil anos nun xantar", un ensasio de atropoloxía da alimentación que revisa os dez mil derradeiros anos da cociña galega, a evolución dos alimentos, a tecnoloxía da conservación; receitas antigas, etc. Éun estudo de antropoloxía da alimentación que versa sobre o alimento e a súa evolución, tecnoloxía de conservación, receitas, usos e presentacións, ó longo dos dez mil últimos anos, reflictindo unha imaxe da Galicia interior e litoral.

A presente obra pretende constatar a importancia que o alimento tivo de forma episódica nunha comunidade humana considerando a diversidade de aspectos relacionados coas actividades do ser humano e a súa evolución antropolóxica: desde as formas de nomadismo até a sedentarización, da caza e recolección ao cultivo e pastoreo para garantir as necesidades esenciais de supervivencia, e desde ese punto de inflexión observar o nacemento e desenvolvemento da lexislación, tributación, conflitos bélicos, persecución, clandestinidade, expansión, comercio e en definitiva socialización, que tivo sempre como orixe e fundamento o alimento.

A diversidade de chans e microclimas; o crisol de culturas que constituíu a provincia de
Ourense, porta de Galicia por vía terrestre, e na que desde a antigüidade foi un incesante fluxo de pobos algúns de paso e outros para quedar: tartesos, fenicios, astures, celtas, romanos, heteroxéneos bagaudas, suevos, vándalos, visigodos, xudeus, viquingos, musulmáns de toda índole, desde persas a bereberes, pasando por iemenís e árabes. Casteláns, franceses, ingleses e máis recentemente o intercambio e mestizaxe xurdida a raíz da emigración e actual inmigración, supoñen unha riqueza cultural e alimentaria de proporcións inusitadas.