Galicia Calidade, prmoción en lineais

A Consellería de Economía e Industria continúa coa labor de promoción da marca de garantía Galicia Calidade. Así, durante este mes de decembro, e ata o vindeiro 5 de xaneiro de 2013, a sociedade pública levará a cabo unha labor de explicación aos consumidores do que aporta o distintivo a un produto así como tamén das marcas que contan co mesmo. Esta iniciativa terá lugar nos establecementos pertencentes ás cadeas de distribución de El Corte Inglés, Hipercor, Supercor, Gadis, Gadis Hiper, Eroski Hiper, Hiper, Eroski Center, Froiz, Hiper Froiz, Alcampo, Carrefour, Carrefour Express, Carrefour Market, e do Grupo Moldes.

Galicia Calidade entregará un agasallo promocional a todos os consumidores que merquen polo menos tres produtos amparados polo selo de garantía e entrarán, ademais, nun sorteo de 4 fins de semana no Hotel Louxo La Toja, establecemento que conta coa marca de garantía pública. Antes da entrada aos establecementos, persoal de Galicia Calidade informará de modo personalizado ao consumidor sobre a marca de garantía, entregándolle un folleto informativo, e orientando aos mesmos a buscar o distintivo de calidade nos produtos que se dispoña a mercar.