A Xunta de Galicia, a
través de Turgalicia, puxo hoxe en marcha
unha campaña para incentivar a desestacionalización e o consumo turístico a
través do programa Vive Galicia, un
conxunto de paquetes que inclúen experiencias turísticas para gozar por toda a
Comunidade Autónoma.
Turismo de Galicia
quere difundir as posibilidades que ofrece o programa Vive Galicia para a práctica do Turismo na Comunidade Autónoma,
tanto na tempada alta como nas épocas de menor demanda, como neste caso.
Deste xeito,
Turgalicia realizará un concurso para sortear a través da súa páxina de Facebook e outros sitios da Internet un
total de 1.887 paquetes Vive Galicia
que se poderán gozar, na súa maioría antes do 22 de marzo. Existen tamén
paquetes que se poderán gozar entre os meses de primavera e verán, xa que
inclúen visitas a illas ou transporte en barco.