Carlos Núñez comporá a sintonía da Volta 2013


O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, anunciou esta mañán xunto ao artista vigués Carlos Núñez que será o internacionalmente coñecido gaiteiro galego quen compoña este ano a sintonía da 'Volta Ciclista a España'. O acordo, alcanzado coa empresa organizadora, Uniplublic, inclúe tamén que Carlos Núñez poña música ao vídeo oficial da Volta, que segundo Louzán.

O gaiteiro será ademáis unha das imaxes oficiais da proba durante todo o ano, oque suporá "unha proxección evidente tanto das Rías Baixas como de toda a comunidade autónoma".

"Dende hoxe mesmo comeza o traballo para compoñer a sintonía da Volta Ciclista a España", remarcou Carlos Núñez esta mañán en Vigo. O artista, definido por Louzán coma "un icono de Vigo, das Rías Baixas e de Galicia no mundo enteiro", adiantou que a música que identificará este ano a Volta "reflictirá o ritmo, a épica, as viaxes e os soños que leva implícitos o ciclismo", e todo elo misturado "coa sabor de Galicia".

"A Volta é un miradoiro maravilloso non só para mín, senón para toda a música galega", suliñou Carlos Núñez, quen agradeceu a "altura de miras" da Deputación de Pontevedra, por suxerir que sexa a música galega quen protagonice esta edición da proba ciclista, sucedendo así ao grupo La Oreja de Van Gogh, que compuxo a sintonía da Volta no ano que agora remata.