O
presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo unha reunión con
traballadores do Parador de Santo Estevo e máis co alcalde de Nogueira de
Ramuín, César Parente, para amosarlle “todo o seu apoio e o do goberno
provincial que permitan atopar vías de solución á problemática
plantexada”. Según Manuel Baltar “o de Santo Estevo é o terceiro máis rendible dos Paradores que hai en Galicia”.
Neste
sentido, Baltar informoulles das xestións realizadas diante de Paradores e a súa
confianza en atopar unha solución a esta problemática. Tamén lles trasladou
información sobre a moción que presentou días pasados o Grupo de Goberno do PP
na institución provincial pola defensa dos Paradores de Verín e Santo estevo e
polo mantemento da súa actividade ao longo de todo o ano.