A Xunta de Galicia, a
través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, está a desenvolver un
curso de formación para formadores ao
obxecto de contar con expertos no sistema de avaliación da calidade turística,
dentro da marca Q.
Deste xeito, entre os
días 17 e 21 de decembro, 12 formadores-consultores participan nesta actividade
didáctica que ten por obxectivo que os asistentes ao curso adquiran as
competencias, os coñecementos, habilidades, aptitudes e cualificación precisos
para desempeñar as funcións da implantación das normas UNE de Calidade Turística.
Neste caso, búscase á
especialización nas normas UNE relacionadas coa implantación do Q de Calidade Turística nas oficinas de turismo,
o turismo industrial, o lecer nocturno e as instalacións náutico-deportivas.