Turismo colabora con X aniversario do Grupo Nove


A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Turismo, colaborará coa celebración en Madrid do X aniversario do colectivo de cociñeiros galego Grupo Nove para promocionar a cociña galega na capital de España, segundo o programa do Plan de Enogastronomía de Galicia, elaborado por este departamento do Goberno autónomo.

O acto, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, pretende promocionar a comunidade galega como destino gastronómico cunha mostra de alta cociña, na que os chefs do Grupo Nove elaborarán en directo ante un auditorio de 300 persoas os seus pratos máis emblemáticos e no marco do restaurante Teatriz, un antigo teatro de seis plantas que se converteu nun espazo de referencia en Madrid tras a reforma realizada por Phillippe Starck nos anos 80, que revolucionou por completo o concepto de interiorismo.