Rosquillas con pedigree


A conselleira do Medio Rural e do Mar en funcións, Rosa Quintana, destacou esta mañá a importancia da marca de calidade “Rosquillas de Ponteareas” para favorecer a confianza dos consumidores neste produto e darlle un valor engadido no mercado. A titular de Medio Rural e Mar asistiu á presentación desta marca de garantía, que tivo lugar no Concello de Ponteareas.

Rosa Quintana definiu as rosquillas de Ponteareas como unha produción “relativamente pequena en calidade, pero indubidablemente grande en carácter, personalidade e excelencia”. Con esta marca, indicou, o que se fai é “dar carta de natureza a este carácter orixinal e –o que resulta aínda máis importante– garantir aos consumidores esa especificidade”.