O Grupo Nove, de aniversario por Madrid


O Grupo Nove, integrado por 22 restauradores galegos, entre os que figuran algunhas das principais figuras da gastronomía internacional, aglutinando nada menos que a oito estrelas MichelEspapa﷽﷽﷽﷽mpial, aglutinando nada menos que a oito estrelas Michelnhasín e dous campións de España de cociñeiros, celebra o seu décimo aniversario cun Showcooking en Madrid o vindeiro luns 19 de novembro.

O acto, que conta coa colaboración da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia,  pretende promocionar a comunidade galega como destino gastronómico cunha mostra de alta cociña, na que os chefs do Grupo Nove elaborarán en directo ante un auditorio de 300 persoas os seus pratos máis emblemáticos e no marco incomparable que é o Teatriz, un antigo teatro de seis plantas que se converteu nun espazo de referencia en Madrid trala reforma realizada por Phillippe Starck nos anos 80.