A Consellería do
Medio Rural e do Mar aprobou 53 proxectos dos Grupos de Acción Costeira por un
importe total de 2.105.774,45 euros dentro da convocatoria de 2012. Estas
axudas concédense ao abeiro dos plans estratéxicos zonais e están cofinanciadas
polo Fondo Europeo de Pesca. A través destas axudas favorécese a
competitividade das zonas de pesca, impúlsase o valor engadido dos produtos
pesqueiros e axúdase a pequenas infraestruturas e servizos relacionados con
este ámbito.
Destes proxectos resoltos 25 son produtivos, é
dicir, de orientación profesional ou empresarial e correspóndelle unha
cantidade de 1.313.894,55 euros. Para este tipo de proxectos a porcentaxe media
de financiamento é do 48,5%.
Os outros 28 correspóndense con investimentos
non produtivos, que teñen como elemento determinante a súa rendabilidade social e 17 foron promovidos polo sector pesqueiro. Para
estes últimos o importe concedido é de 791.879,90 euros e a porcentaxe media de
financiamento é do 89%