Mar abre a campaña da centola en Pontevedra e A Coruña

A Consellería do Medio Rural e do Mar Mar abreu onte a campaña extractiva da centola. O departamento da conselleira en funcións Rosa Quintana autorizou a apertura nas provincias da Coruña e Pontevedra ata 31 de decembro, ambas datas incluídas. No caso da provincia de Lugo a campaña de extracción comezará o 2 de decembro e prolongarase tamén ata o 31 de decembro.

Os topes de capturas serán diarios podendo ser modificados se a situación do recurso así o require e sempre trala consulta co sector afectado. Así, as cotas máximas de capturas quedarían establecidas en 35 quilos por embarcación máis 35 quilos por cada tripulante enrolado a bordo.

Poderán participar na campaña os titulares das embarcacións con porto base en Galicia e que teñan autorizadas no seu permiso de explotación algunha arte dirixida á centola ou algún cambio temporal de modalidade a algunha das artes autorizadas para extracción desta especie. O seu horario de traballo será o establecido regulamentariamente para as artes coas que se pretenda faenar.