Hostelería de Compostela busca socios en A Estrada

A Asociación de Hostalería de Compostela lanza unha campaña de captación de socios en A Estrada para dinamizar o turismo e a hostalería estradense aproveitando o potencial de Santiago para atraer viaxeiros. Mario López, do departamento de Márketing de Hostelería Compostela está a desenvolver unha campaña informativa entre os hostaleiros da vila pontevedresa.

A gastronomía é o segundo motivo máis importante dos turistas que viaxan a Santiago, pero os concellos da Comarca poucas veces aproveitan estes fluxos turísticos. Hostelería Compostela quere implicar aos hostaleiros da Estrada para facer do concello un destino gastronómico de primeiro nivel. Por iso, este colectivo empresarial, pioneiro en Galicia e que aglutina a máis de 1.500 socios e hospedaxe e restauración de 55 concellos da área de Compostela, está a desenvolver unha campaña para ampliar a súa masa social e ofrecer aos hostaleiros a posibilidade de desenvolver o seu potencial gastronómico.    

Os profesionais da restauración da Estrada poderán facer actividades formativas organizadas no propio concello ou no Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela, dende cursos monográficos de tapas, carne, peixe ou cociña de tempada, até coctelería, enoloxía, barismo, reputación online ou accións específicas sobre a importancia das novas tecnoloxías no eido da hostalería, ademais de asesoramento especializado ou utilizar o gabinete xurídico ante calquera problema.