Os titulares en funcións, de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, e de Medio Rural e do
Mar, Rosa Quintana, asinaron en Santiago o acordo de colaboración para o
desenvolvemento da Formación Profesional en materia de industrias alimentarias,
na comarca do Ribeiro.
O convenio fai coincidir os intereses e
obxectivos de ambas as dúas Consellerías, habida conta de que o departamento
educativo ven de aumentar a súa oferta de ciclos formativos coa de grao medio
en aceites de oliva e viños, a impartir no IES de Ribadavia, mentres que o
departamento de Medio Rural aporta a Estación de Viticultura e Enoloxía de
Galicia (EVEGA), no concello de Leiro, para acoller as mesmas ensinanzas. A
estación do EVEGA está recoñecida como laboratorio de análise para produtos
derivados da vide.