
"Foi un referente para o seu pobo, onde foi querido, respetado e valorado, e tamén para a Comarca do Salnés pois profesionalizou e fixo unha brilante labor como presidente da Mancomunidade", destacou Louzán. "Por todo eso, tivo como colofón á súa brilante e impecable traxectoria o cargo de deputado provincial polo Salnés dende o ano 2011", lembrou.
Persoa aberta, afable e próxima deixa unha eiva importante na vida política e no eido do turismo, área na que destacaou a súa labor ao fronte da Mancomunidade do Sanés, dende a que impulsou aquelas iniciativas que entendía eran importantes para a promoción desta área xeográfica das Rías Baixas. Foise un home bo e un amigo, pero a súa lembranza perdurará para sempre.